lunes, 10 de marzo de 2014

Homenaxe a O PILOTO

Acto de homenaxe á Guerrilla Galega Antifranquista e  para lembranza do guerrilleiro José Castro Veiga, O PILOTO

Cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada, Lugo).
Sábado, 15 de marzo de 2014, ás 12.00 horas




José Castro Veiga, O PILOTO, un dos últimos guerrilleiros galegos, está enterrado no cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada – Lugo) preto do lugar onde foi asasinado o 10 de marzo de 1965. Nun acto celebrado na súa memoria, o 9 de marzo de 1986, un grupo de compañeiros e amigos do guerrilleiro puxeron na súa tumba unha lápida con dúas inscripcións, nunha delas figura o seu nome e a data na que foi abatido polo Garda Civil e na outro pode lerse, “En lembranza do Piloto, Guerrilleiro. Os teus compañeiros e amigos, 9-3-1986”.
Agora, o vindeiro sábado 15 de marzo, celebrarse ao carón da tumba do Piloto un acto de homenaxe a Guerrilla antifranquista e de lembranza do guerrilleiro soterrado en San Fiz de Asma. Será a partir das 12 horas e nel poderán participar todas as persoas que o desexen.

Información de interese, sobre sitios para comer.-  
-En Belesar, Abaceria O Batuxo, telf. 622262293
-No Saviñao, RECREO. Río Sardiñeira, VILAESTEVA. telf.  982162417 e RESTAURANTE CHURRASCO CASA PEPE, telf. 982453101




No hay comentarios:

Publicar un comentario