sábado, 9 de junio de 2012

O Seminario sobre a Memoria visita os campos de prisioneiros


O Seminario sobre a Memoria visita os campos de prisioneiros

03 de junio de 2012 05:00

O colectivo cultural Barbantia organizou, xunto coa Nova Escola Galega e os institutos de Melide e Rianxo, a terceira edición do Seminario sobre a Memoria, que se está a celebrar nesta fin de semana e que se dedica á guerrilla e aos campos de concentración franquistas. Esta temática está levando aos participantes nas xornadas a realizar un percorrido polos campos de prisioneiros da bisbarra e os municipios próximos.
As actividades empezaron o venres en Melide coa proxección dun documental e unha charla dun dos poucos guerrilleiros que aínda poden contar a súa experiencia, Francisco Martínez-López, Quico. Onte, o seminario continuou, xa na comarca, sobre o terreo.
De Lousame a Muros
A xornada comezou pola mañá cedo en Padrón, concretamente, coa visita ao lugar no que se levantou un campo de concentración que, pola súas boas comunicacións en tren, se converteu nun sitio de recepción de prisioneiros que logo eran trasladados a outros lugares.
A expedición puxo a continuación rumbo a Lousame, ás minas de San Finx, para falar da importancia que tiveron durante a represión as explotacións de volframio e da xente que se viu obrigada a fuxir nesa zona para escapar da ditadura.
Xa pola tarde, tocou visitar os campos de concentración de Anido e Vieta, en Muros, e logo púxose rumbo a Rianxo -onde hoxe continúan as actividades- pola ruta que seguía o transporte de prisioneiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario